Por Galiza 2.0 desta vez, en serio. Coma membros pasivos da esquerda revolucionaria avanzamos no tempo e mantemos a mensaxe.
Un bico para todas aquelas inocentes que ainda crean na melodía, desatade o ritmo, e que corra.
Tema gravado e masterizado por David do estudo Xilgaro
Pd: Outro bico para marlaska
lyrics
Sobran os ladróns, as malas purgas e os cabróns,
fora a Constitución! Queimade a Inquisición!
Date unha volta por estos lares,
hoxe comeza a loita, esperta mocidade.
Os cans do Estado están acorralados,
somos o pesadelo orgullo proletario,
érguete! Non te fíes do que ves!
rebenta caixeiros e queima etts!
E todas esas presas, na rúa queremos velas.
Que se entere este Estado, que as galegas non calamos.
En memoria desa xente que non foi indiferente,
aprendeu a organizarse, recoñeceu loita de clases.
Queridas camaradas, acudide as barricadas!
Por nós! Por Galiza! a nosa terra amada,
mira ao teu redor, sintes a nosa dor,
no noso corazón, palpita a revolución.
E todas esas presas, na rua queremos velas.
Que se entere este Estado, que as galegas non calamos.
En memoria desa xente que non foi indiferente,
aprendeu a organizarse, recoñeceu loita de clases.
Indígnate máis, convoca folgas xerais,
non fagas ningún caso, do que venden nos xornais,
calades as persoas, meténdoas en prisión,
non tendes nin idea de cal e a situación(bis)
Queridas camaradas, acudide as barricadas!
Por nós! Por Galiza! a nosa terra amada,
mira ao teu redor, sintes a nosa dor,
no noso corazón, palpita a revolución.
On their latest EP, Dubweiser deliver the sound of traditional reggae with its bounding tempos and soaring melodies. Bandcamp New & Notable Mar 18, 2024